10/4/18

Relación dos "40 + lidos" nos Clubs de lectura durante o curso 2016/2017


Autores/as más lidos/as nos Clubs de lectura
Curso 2016/2017
Nº orde
Autor/a
Títulos lidos
 (entre todos os clubs)
1
Agustín Fernández Paz
155
2
Ledicia Costas
82
3
Carlos Casares
69
4
Carlos Negro
43
5
Manuel Núñez Singala
40
6
Roald Dahl
39
7
Jordi Sierra i Fabra
38
8
Miguelanxo Prado
37
9
Patrick Ness
35
10
Francisco Castro
34
11
Andrea Maceiras
26
12
R. J. Palacio
24
13
Laura Gallego
23
14
Antón Riveiro Coello
23
15
John Boyne
22
16
Paco Roca
22
17
María Solar
22
18
Domingo Villar
22
19
Philippe Claudel
21
20
René Goscinny
21
21
Marcos Calveiro
19
22
Dolores Redondo
19
23
María Reimóndez
19
24
Antoine Saint-Exupèry
19
25
Fran Alonso
18
26
Fina Casalderrey
18
27
Marilar Aleixandre
18
28
Carlos Ruíz Zafón
18
29
Pedro Feijoo
17
30
César Mallorquí
17
31
Manuel Rivas
17
32
Rosa Aneiros
16
33
Mark Haddon
16
34
María Menéndez-Ponte
16
35
Xabier Quiroga
16
36
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
16
37
Agatha Christie
15
38
Eduardo Mendoza
14
39
Carlos Montero
14
40
Care Santos
14

25/1/18

Os 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura de ámbito educativo no curso 2016/2017

Coma en anos anteriores, publícase a relación dos 50 títulos máis lidos polos clubs de lectura que participan neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, destinado a incentivar o funcionamento de grupos de lectura nos centros públicos que matriculan alumnado de ensino secunario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial. 

Durante o curso 2016/2017 participaron desta iniciativa un total de 12.300 lectores e lectoras vinculados de forma estable a un grupo de lectura en 243 centros educativos de ensino secundario espallados por todo o territorio galego. O 32% desde clubs de lectura contaron cun grupo de lectores e lectoras adultos, o que pon de manifesto a potencialidade desta práctica para facilitar a participación das familias e construír comunidades educativas lectoras. 

RELACIÓN DE TÍTULOS MÁIS LIDOS NOS CLUBS DE LECTURA - CURSO 2016/2017

29/12/17

Resolución definitiva Clubs de lectura 2017/2018

Alumnado do IES Porto do Son, nunha sesión do Club de lectura. 

Está xa publicada no  Portal Educativo a Resolución definitiva da D.X. de Centros e Recursos Humanos pola que se adxudican as contías para o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos que matriculan alumnado de ensinanza secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o presente curso 2017/2018.

24/11/17

Resolución provisional da convocatoria de clubs de lectura 2017/2018

Alumnado do club de lectura do IES de Porto do Son 8Porto do Son, A coruña) 
 
O Portal Educativo publica hoxe, 24 de novembro, a resolución provisional da convocatoria da D.X. de Centros e Recursos Humanos pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial. Esta resolución recolle os centros que reciben asignación para esta finalidade, así como a listaxe de centros que resultaron excluídos da convocatoria por diversas causas. Unha vez atendidas as alegacións recibidas, no seu caso, publicarase a resolución definitiva desta convocatoria para o curso 2017/2018. 

7/9/17

Convocatoria de clubs de lectura 2017/2018

Está xa publicada no Portal Educativo a Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 1 de setembro de 2017, pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.

Nesta nova convocatoria, ademais de incentivar a lectura en galego, faise fincapé na necesidade de contrarrestar certos estereotipos de xénero en temas de hábitos de lectura, estimulando mediante fórmulas diversas, contextualizadas, a participación de varóns nos grupos de lectura. Tamén, e na procura dunha mellor atención á diversidade, teranse en conta especialmente aquelas propostas que busquen a participación de alumnado con necesidades de apoio específico, en calquera das tipoloxías posibles (altas capacidades intelectuais, alumnado con necesidades educativas especiais, alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe, incorporación tardía e outros). Coma en anteriores convocatorias contémplase, así mesmo, a existencia de grupos de lectura de adultos, ou de grupos mixtos (alumnado e adultos), a maiores dos grupos de lectura de alumnos e alumnas, como unha fórmula para ofrecer a toda a comunidade escolar "máis e mellores experiencias lectoras".

A presentación de solicitudes remata o 13 de outubro.  

 + Información

11/7/17

Un ano do club de lectura. CPI O Progreso (Catoira)

O Club de lectura do CPI O Progreso, de Catoira (Pontevedra), publicou xa, como en anos anteriores, un vídeo-resume da súa actividade ao longo do curso 2016/2017. A través deste audiovisual podemos achegarnos a unha intensa dinámica de lectura compartida. Ao final do vídeo, as lectoras e os lectores explican perfectamente os beneficios deste tipo de actividades. Un excelente exemplo do moito que están a significar os clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia na construción dunha sociedade lectora, tamén na oferta de opcións diferentes ao alumnado nas que poder expresarse e atopar "espazos" acolledores nos que medrar como lectores e como cidadáns. Parabéns!


28/6/17

Galerías de imaxes da X Xornada dos Clubs de lectura

 Unha escena das "Quedadas Entreclubs" de primeira hora da tarde
 
Xa están dispoñibles tres galerías de imaxes tomadas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o pasado 17 de xuño, na X Xornada dos Clubs de lectura: ACCESO A TODAS AS GALERÍAS DE IMAXES:

21/6/17

Xa foi a X Xornada dos Clubs de lectura

E para todas e todos os participantes ficará sempre a alegría que se vivíu alí por sabérmonos integrantes da sociedade lectora que a milleiros de mans estamos construíndo (entre todas as persoas creadoras, todas as persoas lectoras, todas as mediadoras...). O programa previsto cumpríuse ao completo e a rapazada disfrutou pero, sobre todo, demostrou que hai milleiros de mozos e mozas en Galicia que lén de forma voluntaria e disfrutan facéndoo. Iso non sería posible sen a profesionalidade e o compromiso dun profesorado que exerce de mediador tomando un rol diferente ao do docente nas aulas, acompañando e orientado, guiando sen abafar, pero sen abandonar os seus obxectivos pedagóxicos en ningún momento. Parabéns a tod@s!


26/5/17

Clubs de lectura: informe do curso 2015/2016

Alumnado do clubs de lectura do IES San Mamede (Maceda, Ourense)
Cos datos recollidos a través das memorias de actividades dos clubs de lectura durante o pasado curso 2015/2016 a Asesoría de bibliotecas escolares elaborou un breve informe que permite achegarse a esta realidade de lectores e lectoras espallada pola país adiante.

16/5/17

Unha década de clubs de lectura. Haberá que celebrar!

O 17 de xuño, en Compostela, celebrarase unha gran "quedada lectora" de integrantes dos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia. Unha boa representación dos preto de 11.000 lectores e lectoras que, de forma periódica, se xuntan para compatir experiencia arredor dos libros e da lectura polos institutos e outros centros de ensino galegos, terán a oportunidade, xunto co profesorado que coordina estes clubs, de atoparse, compartir lecturas, experiencias e un importante número de actividades en compañía de autores e autoras (Pedro Feijoo, Marcos Calveiro, Ledicia Costas, Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial, Suso Fraga, Andrea Maceiras, Rosa Aneiros, Miguelanxo Prado, María Reimóndez, Miguel Anxo Fernández, Antón Riveiro Coello, Antía Otero, Xosé Tomás, Fran Alonso, Berta Dávila, Tamara Andrés e Francisco Castro). Entre outros participantes nesta X Xornada dos Clubs de Lectura, Óscar López, xornalista cultural (Página 2), ou Luís Pardo (cadena Ser); críticos como Ramón Nicolás ou Montse Pena Presas; expertos do mundo da dobraxe (Anxos Ferradáns) e do cine (Jorge Coira) ou narradoras, como Soledad Felloza,  compartirán coas lectoras e os lectores o seu tempo e as súas experiencias. As regueifas, o rap, o graffiti tamén estarán presentes, así como o teatro, o circo e a música tradicional galega (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre). Haberá sesións específicas para profesorado que coordina os clubs de lectura, con Inés Miret e Mercedes Queixas. O final literario correrá a cargo de César Mallorquí, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013 e Premio Cervantes Chico 2015 a toda a súa obra xuvenil,  un dos autores en lingua castelá máis lidos polos clubs de lectura ano tras ano.
Unha grande celebración co gallo dos dez anos continuados da iniciativa CLUBS DE LECTURA nos centros de ensino secundario de Galicia, dentro do programa HORA DE LER para o fomento da lectura no ámbito educativo.